Nace a revista dixital Banda Deseñada

Marcus Fernández, responsable de Código Cero, coordina a iniciativa

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Nace a revista dixital Banda Deseñada

Xa está dispoñible na rede a primeira entrega de Banda Deseñada. A nova revista dixital dedicada á novena arte en Galicia nace da man de Marcus Fernández, responsable de Código Cero como un ambicioso proxecto no que abundan as entrevistas e as reportaxes sobre este mundo. Coa escola O Garaxe Hermético na capa, a entrega aborda tamén o traballo de Manel Cráneo e Demo Editorial, o programa Metrópoles Delirantes ou o fenómeno do Cosplay. Ademais, unha sección repasa o traballo de autores galegos que publican no exterior, a recoller entrevistas a Xurxo G. Penalta, Emma Ríos ou David Rubín. A primeira entrega viu tamén unha edición limitada de exemplares en papel.

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Unha década en Código

Unha década en Código

O web de Código Cero cumpre dez anos sendo un referente na información tecnolóxica en Galicia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, David Rubín, Manel Cráneo, Emma Ríos...