Rosalía en Camiño achega recitais poéticos a Padrón, Compostela e Lugo

O proxecto da Fundación Rosalía desenvolve a súa cuarta edición entre os días 1 e 3 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Rosalía en Camiño achega recitais poéticos a Padrón, Compostela e Lugo

Padrón, Compostela e Lugo acollen entre os días 1 e 3 de xuño a cuarta edición de Rosalía en Camiño. Diálogos literarios multilingües. O proxecto da fundación Rosalía de Castro conta este ano no seu programa con Jesús Castro Yáñez, Antía Otero, Luís López Alonso e Miriam Reyes, así como coa madrileña Sara Plaza e o asturiano Xuan Bello.

A iniciativa desenvolverá en Padrón e Compostela unha visita a lugares rosalianos seguida por un recital das autores e autores que participan do programa. En Lugo será a xornalista e poeta Nieves Neira quen guíe un percorrido pola cidade literaria o Vello Cárcere o local que acolla o recital no día 3.

Rosalía en Camiño desenvólvese co apoio de Turismo de Galicia e do Parlamento ademais da colaboración dos concellos de Lugo e Santiago e do Museo do Pobo Galego.

Que che parece esta nova?
129 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Padrón, Antía Otero, Jesús Castro...