'Rosalía en Camiño' celebra a diversidade da poesía

O evento celébrase en Padrón, Compostela e Pontevedra

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
'Rosalía en Camiño' celebra a diversidade da poesía

8 poetas de distintas tradicións literarias, roteiros, visitas guiadas e presentacións de libros concorren na nova edición de 'Rosalía en camiño', un evento organizado pola Casa de Rosalía co apoio do Xacobeo e que reunirá entre o 30 de xuño e 2 de xullo a amantes da poesía en Padrón, Santiago de Compostela e Pontevedra. Cada un destes días, comezando polo xoves 30 de xuño en Padrón, o día comeza cunha visita guiada e remata cun recital, empregando o auditorio da propia Casa de Rosalía, o Museo do Pobo Galego ou o Museo de Pontevedra. Os autores convidados nesta ocasión son Constantino Bértolo, Dores Tembrás, Xabier Cordal, Nieves Neira Roca, María García Díaz, Tatiana Faia, Jaume Coll Mariné e José F.A. Oliver.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Padrón, Poesía, Casa de Rosalía, Nieves Neira...