A nova xeira de Rosalía en Camiño reúne seis poetas

Os Diálogos Literarios Multilingües desenvólvese entre Padrón e Santiago do 6 ao 8 de xuño

O vasco Bernardo Atxaga, Pol Guasch, de Cataluña, Miguel Rodríguez Monteavaro desde Asturias, a portuguesa Andrea C. Faria e as galegas Brenda Mondelo e Andrea Nunes son os nomes que participan da nova xeira do programa Rosalía en Camiño. A Fundación Rosalía de Castro, co apoio de Turismo de Galicia e da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude organiza estes Diálogos Literarios Multilingües que se desenvolven entre os días 6 e 8 de xuño en Padrón e Compostela.

A poeta e membro da RAG Chus Pato comisaria esta experiencia que en senllos recitais multilingües na Casa de Rosalía (Padrón, día 6) e no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela, 8 de xuño) os seus pratos fortes.

Estas propostas complétanse con conversas cos autores e autoras convidados, que levará a Miguel Rodríguez Monteavaro e Andreia C. Faria á sede da Fundación o día 6, e a Andrea Nunes e Pol Guasch e mais a Brenda Mondelo e a Bernardo Atxaga ao claustro do Museo do Pobo o 7.

O programa finalizará sábado 8 cun espectáculo de poesía, música e imaxe en galego de Asturias dirixido polo poeta Miguel Rodríguez Monteavaro, canda ao artista sonoro Andrés Rodrigues e o cineasta Iván Torres.

As persoas asistentes recibirán de balde un libro que recolle poemas de cada un dos nomes participante en diálogo con versos de Rosalía. A obra está dispoñible tamén para libre descarga no web da organización.