O Consello Executivo da UNESCO aprobou este 24 de maio a declaración da candidatura do Cabo Ortegal como Xeoparque Mundial. Con este pronunciamento, o organismo internacional recoñece a importancia a nivel xeolóxico desta área, na que destaca a presenza de rochas xurdidas do fondo da Terra máis de 490 millóns de anos. O de Ortegal é o segundo Xeoparque recoñecido en Galicia, canda ao das Montañas do Courel.
Segundo apunta a UNESCO, o novo xeoparque "fornece algunhas das evidencias máis completas no continente europeo da colisión que formou a Panxea". Deste xeito "a maior parte das rochas" presentes neste territorio "foi traÃda á superficie pola colisión de dous continentes, Laurussia e Gondwana" desde unha profunidade superior aos 70 km. Canda a isto destaca o cobre, actualmente explotado en minas nesta área, que se orixinou nunha intensa actividade térmica no fondo do mar. Ademais, a candidatura do Xeoparque salienta que este "conta cun dos maiores e mellores afloramentos mundiais de ecloxitas", rochas que se producen a grandes presións.
Canda aos valores xeolóxicos, a UNESCO valorou tamén aspectos como a presenza humana na zona, con rexistros desde hai máis de 6.000 anos, e o "rico patrimonio cultural construÃdo desde a Idade Media". A gastronomÃa local, as festas que conectan con prácticas tradicionais como "o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, o Festival Irmandiño e as feiras rurais de Moeche e San Sadurniño, as procesións mariñeiras das vilas mariñeiras, Cariño, Cedeira e Ortigueira" asà como " a recuperación da festa do SamaÃn en Cedeira e das mallas" súmanse a propostas novas como a PantÃn Classic de Valdoviño.
A declaración como Xeoparque, unha figura que naceu en 2015 e que se sitúa ao mesmo nivel que a declaración como Patrimonio da Humanidade, aplÃcase a "un territorio unificado xeograficamente, con referentes xeolóxicos únicos e con certo atractivo visual e de contido para visitantes". Ademais, estas entidades deben contar cunha entidade de xetión que desenvolva "unha estratexia integral relacionada coa conservación dos recursos, a investigación, a educación, o turismo e o desenvolvemento económico e social".
Os concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño foron os responsables de pór en marcha esta candidatura que contou co apoio da Deputación da Coruña. Segundo anuncian, están a traballar nun Plan de Sustentabilidade TurÃstica en Destinos, que conta cunha dotacións de 1,5 millóns de euros.
As actuacións previstas para os vindeiros dous anos neste espazo "enfócanse no deseño e posta en marcha dun produto turÃstico especializado, baseado no xeoturismo como fÃo condutor desta estratexia, composta por catro eixos prioritarios: transición verde e sostible, eficiencia enerxética, transición dixital e competitividade".