A UNESCO recoñece o Valor Universal Excepcional de Compostela e do Camiño

A declaración restrospectiva realizouse na recente cumbre do organismo en Doha

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Casco Histórico de Compostela e mais o Camiño de Santiago, xa declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, contan agora coa declaración de Valor Universal Excepcional. Esta declaración, que se realizou de xeito previo a todos os recoñecementos da UNESCO logo de 2007, aprobouse de xeito retroactivo para os bens que obtiveran a declaración anteriormente. O cumio da UNESCO en Doha, Qatar, serviu para recoñece con este título 127 espazos que aínda carecían del, entre eles os dous vencellados a Galicia.

Na declaración, a UNESCO destaca o estado de conservación do casco vello compostelán e a importancia do conxunto monumental, así como a dimensión social do Camiño de Santiago e o traballo de recuperación da ruta que se está a desenvolver nas últimas décadas.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Parabéns!

Parabéns!

A Unesco recoñece a Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con UNESCO, Camiño de Santiago, Patrimonio da Humanidade, Santiago de Compostela