Icomos alerta do impacto dun parque eólico sobre o Camiño de Santiago

Técnicos do organismo asesor da UNESCO visitaron Galicia a pasada fin de semana

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

O impacto visual do parque eólico que está previsto construír na Serra do Iribio pode afectar á declaración do Camiño de Santiago como Patrimonio da Humanidade. Representantes do Icomos, organismo asesor da UNESCO en cuestións de patrimonio, visitaron esta fin de semana os concellos de Pedrafita do Cebreiro, Triacastela e O Courel e sinalaron que se debería impedir a instalación do parque polo xeito no que afectaría á Rota Xacobea. O organismo realizará agora un informe sobre o caso que lle remitirá á UNESCO e mais ás autoridades galegas.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Parabéns!

Parabéns!

A Unesco recoñece a Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con UNESCO, Camiño de Santiago, Patrimonio da Humanidade, Cebreiro...