SaÃu o mesmo DÃa das Letras Galegas, o pasado 17 de maio, en principio só dispoñible para a súa escoita en formatos dixitais a través de YouTube e algunha outra plataforma, pero xa está prepararse a dispoñibilidade no resto das plataformas dixitais e unha edición fÃsica con algunhas outras sorpresas engadidas. "Ferro e Pedra: Homenaxe ós Precursores" é unha recompilación na que 10 bandas galegas actuais de rock renden tributo a outras tantas formacións históricas, a maiorÃa de rock duro, metal e hardcore (aÃnda que hai excepcións) xa extintas pero que consideran que foron clave na escena musical das nosas cidades e vilas. As formacións que asinan as versións son Aquelarre, Amenaza de Muerte, Barbarian Prophecies, Dioivo, Mileth, Pneura, Schwarzenegger, Somos Nos, Xerión e Xhamain. Mentres os grupos cuxas cancións son obxecto de versións son Desvirgheitors, Mutant Squad, Épsilon, Nordés, Consumatum Est, Mol, Detestor, Nowhere, unha versión do famosos "Esta vida me va a matar" de Los Suaves e inclúese ademais unha revisión do clásico "Años 80" de Los Piratas. A maiorÃa dos temas está en galego e, no reparto, as bandas foron escollendo para homenaxear a algunha formación da súa propia zona. A portada do mesmo foi realizada por Trönner Graphics.