Unha negra sombra moi alongada

Un percorrido polas versións históricas dun dos temas musicais máis famosos de Galicia

15/4/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: música
45 lecturas | Compartido 0 veces

Fotograma do videoclip "Negra sombra" de Najla Shami

Non hai dúbida de que unha das grandes pezas da banda sonora de Galicia é o "Negra sombra" de Juan Montes, a versión musicada do poema de Rosalía de Castro, e para o que o músico lugués se inspirou nun alalá recollido no Incio. O pasado martes celebrábase o 181 aniversario do nacemento de Montes e o CCG recolleu, nun especial, cinco versións históricas desta peza que custodia o Arquivo Sonoro de Galicia. Pero "Negra sombra" foi moito máis alá. Aquí poides escoitar (e comparar) algunhas das versións producidas de Negra sombra ata hoxe en día.
1. A versión máis antiga conservada no Arquivo Sonoro de Galicia: Emilio Vendrell Odeón, 1924. Como un exemplo dos frecuentes intercambios culturais entre Galicia e Cataluña nas primeiras décadas do século XX, aquí podemos escoitar a Emilio Vendrell, un tenor coñecido polo esforzo de difusión internacional da canción tradicional catalana. E desta volta incorpora esta excelente versión do "Negra sombra". 2. María do Ceo A coñecida fadista galega María do Ceo crea unha versión con aires portugueses. Najla Shami A cantante palestino-galega Najla Shami afronta esta versión, filmada en videoclip no marco da igrexa de San Domingos de Bonaval (Santiago de Compostela), con arranxos de Pedro Pascual. O video clip foi dirixido por Carlos Mendes. Martirio Dentro do álbum colectivo Una Luz flamenca - Tributo A Luz Casal (2015), Martirio ofrece esta notable versión de aires flamencos. Al Bano O cantante italiano Al Bano, referencia da música lixeira italiana e española nos anos 70 e 80, realizou unha serie de versións de coñecidas cancións españolas, como era habitual no pop desta época. Luz Casal & Carlos Núñez Unha das versións máis coñecidas do "Negra sombra" é a protagonizada por Luz Casal e Carlos Núñez, e que foi interpretada tamén na homenaxe galega ás vítimas da pandemia en xuño de 2020. Astarot O programa Luar promoveu diferentes versións do "Negra sombra". Astarot incorporoulle o ritmo do rock á lendaria canción de Xoán Montes.

Universo culturagalega.gal

19/09/2025

Escoitar a Rosalía

A poeta de Padrón conta con Negra sombra como o tema máis gravado da música galega