Sal do Teatro estrea a montaxe 'Brokeback Sabucedo' en Cambados

O amor entre aloitadores da Rapa é o tema da nova obra

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Sal do Teatro estrea a montaxe 'Brokeback Sabucedo' en Cambados

A compañía compostelá Sal do Teatro non agocha as referencias fílmicas da súa nova montaxe, vense xa desde o título: "Brokeback Sabucedo. Paixón entre bestas". A obra estréase oficialmente este sábado, 13 de maio, no Auditorio Municipal de Cambados ás 20:00 horas, con entrada de balde e recomendada para maiores de 16 anos. Borja Salgado e Santiago Telmo protagonizan a obra, que busca amosar a diversidade afectivo-sexual LGTBQ+ e situala nun contexto achegado á nosa tradición cultural, colocando ás personaxes como aloitadores da Rapa das Bestas. Rocío Romero dirixe sobre o libreto orixinal de Santiago Telmo e Carlos Losada. A trama de amor entre estes dous personaxes ten lugar durante a fin de semana da Rapa das Bestas e está estruturada en tres actos, que representan cada unha das xornadas da Rapa. A produción da montaxe apoiouse nun sistema de doazons a través da plataforma Verkami, que lles permitiu obter 2.500 euros para sacar adiante o proxecto.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rapa, Teatro, Cambados, Carlos Losada...

Claves

Protagonistas
Lugares