
Carmen DomÃnguez Vaz naceu en Pontevedra na década de 1950. AÃnda que cursou Maxisterio, sempre puxo o seu interese na expresión artÃstica, o que afianzou co seu paso polas escolas de diferentes artistas. En 1968 marchou a estudar a ParÃs, o que a achegou á obra de artistas fundamentais como Picasso, Mondrian ou Kandinski. A comezos dos 80 viaxou a Rusia, onde entrou en contacto co mundo pictórico do paÃs. En 1983 tivo lugar a primeira exposición individual de Carmen DomÃnguez, apadriñada por Laxeiro. É a liña de saÃda para unha carreira á que foi sumando galardóns e exposicións individuais e colectivas en cidades de Galicia e España, pero tamén en Alemaña, Arxentina e Uruguai. A exposición complementarase coa edición dun catálogo en edición bilingüe que reúne reproducións de todas as obras expostas e dous textos: un do comisario da mostra, Kike Ortega (fillo da pintora), e outro do xornalista e crÃtico cultural Ramón Rozas. Da obra da súa nai, Kike Ortega destaca: "A súa pintura pasou por distintas fases e tendencias estéticas -desde a primeira figuración ata a abstracción- co fin expreso de buscar unha linguaxe plástica acorde co seu vehemente desexo de expresarse a través da forma e da corÂ… a cor, sempre a cor como soberano absoluto".