Manuel Rivas e María Canosa levan os premios Bos e Xenerosos

A Fundación Pondal entregará os seus galardóns tamén a Manuel Facal e Pilar García Rego o vindeiro 17 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Manuel Rivas e María Canosa levan os premios Bos e Xenerosos

A coincidir coa celebración, o vindeiro 17 de maio, do día Das Letras na aldea do Couto, a Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso entregará os seus premios Bos e Xenerosos de 2023. Nesta xeira, a entidade acordou galardoar os escritores Manuel Rivas e María Canosa, o gravador Manuel Facal e a presentadora e xornalista Pilar García Rego.

Con estes galardóns a entidade recoñece o vencello de Rivas e de Canosa coa celebración, na que teñen participado en diferentes edicións. Do artista Manuel Facal, pola súa banda, valórase o seu vencello co seu Bergantiños natal, mentres a carreira de García Rego, con fitos como o programa Alalá foi a que lle valeu o premio.

Canda á presentación dos galardóns, deuse a coñecer tamén o programa da celebración do 17 de maio na aldea do Couto, que se desenvolverá ao longo de toda a xornada e que contará cun mural de Mutante Creativo a retratar a Díaz Pardo, Neira Vilas e Anisia Miranda, primeiros gañadores destes premios. Actuacións de Berto, Mero Iglesias, A Quenlla e a saxofonista Blanca Represas, xogos, artesanía, unha mostra do 75 aniversario da orquestra Venus ou o xa habitual xantar das letras farán parte da actividade.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Canosa, María Canosa, Manuel Rivas, Manuel Facal...