O Festiletras fai corenta anos a celebrar en Ponteceso

A Fundación Pondal adianta os contidos da festa para maio e setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
Imaxe do Festiletras para o 17 de maio

Imaxe do Festiletras para o 17 de maio

A manter a súa celebración en setembro, onde se trasladou en 2020 pola pandemia, o Festiletras Da Fundación Eduardo Pondal adianta os contidos da súa vindeira edición, que será a do corenta aniversario, na aldea do Couto, Ponteceso. Este primeiro de abril a organización daba a coñecer os actos que se manteñen para celebrar o Día das Letras Galegas, data que motivou a creación deste evento, co título de O dezasete.

Deste xeito, as propostas comezarán xa no día 14 cunha excursión a Muxía na que os investigadores Manuel Ferreiro, Felipe Senén e Félix Neira falarán sobre a obra de Eduardo Pondal nunha xornada que rematará cun contacontos de Boniface Ofogo. Para o 15, o programa inclúe a entrega dos Premios Bos e Xenerosos e a apertura dunha exposición fotográfica sobre as catro décadas desta celebración.

O día 16 será a quenda do teatro con A Peregrinaxe de Badius e no propio Día das Letras haberá un percorrido polas placas dos escritores situados na aldea do Couto, un recital poético a cargo de Rosalía Fernández, Suso Lista, Claudia Castro, Alexandre Nerium e Xurxo Souto e a música de Faia Díaz.

Logo deste aperitivo, o programa do Festiletras en si desenvolverase entre os días 1 de 4 de setembro, e nos primeiros nomes confirmados para o evento están Xabier Díaz, Rodrigo Cuevas, The Rapants e Carlangas DJ Set.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ponteceso, Eduardo Pondal, Eduardo Pondal, Día das Letras Galegas...