O Festiletras adiado amosa esta semana a súa esencia

O evento adiado en maio celébrase esta semana na Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaArteSociedadeLingua
Compartir:
Yolanda Castaño na Eira das Letras     Imaxe: Festiletras

Yolanda Castaño na Eira das Letras Imaxe: Festiletras

O Festiletras que organiza cada ano a Fundación Eduardo Pondal arredor da celebración do Día das Letras Galegas tivo que agardar pero finalmente xa está en marcha. Cunha versión adaptada ao momento actual en capacidades e distancias, o Esencia Festiletras, o evento dirixido a escolares xa está desde onte activo na aldea do Couto (Ponteceso) coas súas actividades formativas, lúdicas e artísticas ás que dedicará o resto da semana. A divulgación científica chega da man de David Ballesteros, Xurxo Mariño e Ángel Carracedo. Tamén pasarán por este formato "esencial" Xurxo Souto, Os Quinquilláns, Yolanda Castaño, Elena Ferro, Luis Davila e Vero Rilo. Cara a fin de semana dous concertos, algún deles con estradas xa esgotadas, porán o colofón a esta accidentada pero posible edición. Sés actuará o sábado, mentres que o domingo será a quenda das Adufeiras do Salitre e Xabier Díaz. O músico ademais recibirá o Premio Bo e Xeneroso que outorga a Fundación.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Eduardo Pondal, Eduardo Pondal, Fundación Eduardo Pondal, Ponteceso...