Os tres Bos e Xenerosos do 2021, recoñecemento honorÃfico que dá a Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso, premian varias maneiras diferentes de achegarse e divulgar a cultura tradicional galega. Por unha banda desde a artesanÃa, a coñecida zoqueira Elena Ferro; tamén desde o musndo da música e a danza tradicionais,, co recoñecemento ao bailarÃn e coreógrafo Quique Peón; e por último á tradición oral e musical mariñeira, na figura do músico e contador de historias Xurxo Souto. A Fundación Pondal outórgalles este ano o seu tÃtulo de Bos e Xenerosos aos tres, que sempre mantiveron ademais fortes vencellos coa comarca de Bergantiños e coa principal actividade da fundación, que é o Festiletras.
Xustamente para o evento Festiletras deste ano tamén veñen de avanzarse xa unha chea de nomes a participar en setembro. Nomes da música, as letras e as artes escénicas pasarán polo evento que organiza a fundación na aldea do Couto entre os vindeiros 1 e 5 de setembro. Rosa Aneiros, MarÃa Solar, Xosé Antonio Touriñán, Guadi Galego, Carlos Blanco, Fetén Fetén, Xosé Lois Romero & Aliboria serán algúns dos que tomarán parte neste vindeiro Festiletras.