Ademais de atender ás mudanzas no xeito de comprender a fin da vida no seo da nosa sociedade, as xornadas A morte nos fisterras europeos: Bretaña e Galicia que se celebraron no Consello da Cultura Galega estes 25 e 26 de abril dedicaron dúas intervencións a repasar como se representa este fenómeno no audiovisual e nas letras. Ollamos, da man de Beli Martínez e de Dolores Vilavedra, as mortes que crea a nosa cultura.
No marco dun panel sobre "A morte nas artes", no que se deron a coñecer diferentes estudos sobre este fenómeno a cultura bretoa, a produtora cinematográfica Beli Martínez abordou a representación da morte no audiovisual galego. Na súa investigación "tiña a impresión de que sería moi sinxelo ver a presenza da morte neste ámbito polo vínculo cultural que temos con este tema, pero logo vin que non estaba tan presente. Non se fala tanto da morte no cinema galego nin no occidental. Ao final aquí tamén respondemos aos cánones occidentais" Deste xeito o fenómeno está presente "pero tampouco tanto, é mais un contexto do que o tema en si mesmo", advirte. Aparece "tanto a nos perseguir ou nos asexar como incluída na trama, a xeito de metáfora do destino ou como elemento dramático". No entanto, "a morte como tema central non é tan frecuente no cinema. En poucos filmes se materializa nun personaxe ou intervén de xeito activo", a lembrar excepcións internacionais como Fritz Lang, Cocteau, Bergman ou mesmo Woody Allen.
A morte fundacional
Como curiosidade, Martínez lembrou que "o cinema galego comezou representando a morte. As primeiras imaxes rodadas en Galicia son o enterro do xeneral Sánchez Bregua, que filmou José Sellier na Coruña en 1897", un documento que amosa a importancia que tivo este sepelio na cidade. A seguir este ronsel, no cinema galego "o documental é probablemente un dos xéneros que máis se achega á fin da vida. Neste ámbito é moi interesante o filme A romaría da morte, de Estévez Piña" (1974) que retrata a romaría dos cadaleitos de Santa Marta de Ribarteme. Nunha liña similar lembra Camposanto, de Pablo Portero (2009), un filme que "percorre diferentes cemiterios da xeografía galega e os rituais do Día de Defuntos desde unha visión poética". Fóra da temática específica, a produtora lembrou referencias cinematográficas ao fenómeno noutras producións. "Non ten a ver coa morte, pero o filme Eu tamén necesito amar de Antonio Caeiro", que retrata a sexualidade feminina durante a posguerra, "ten unhas imaxes moi descarnadas do velorio e do enterro da propia nai do director", explica Martínez. "Son imaxes moi potentes e moi raramente filmadas. Falamos dun rito no que o acceso con cámara é moi limitado, fica para o privado".
A morte allea
Noutro ámbito, a percorrer producións foráneas que retratan o noso país, a produtora lembra "filmes de ficción nos que atopamos elementos que xiran arredor da morte sen a representar". Integra nesta listaxe casos como "Mar adentro de Alejandro Amenábar que ten como tema a morte digna e o dereito á eutanasia ou, na liña do cinema negro, A praia dos afogados e de xeito máis actual As bestas. Xa dentro da cinematografía do país, lembrou o caso de Os mortos van a presa (2009) de Ángel de la Cruz que "en clave de comedia fala sobre un pobo que fica paralizado co enterro do patrón maior da confraría". Para Martínez, o feito de "non termos tantos filmes nos que a morte sexa o tema central pode estar relacionado con que levamos moitos anos a ollar cara á fora". Segundo ela, no audiovisual "copiamos un modelo de representación alleo, as súas narrativas e as súas temáticas, e se no cinema estadounidenses non traballan a morte, tampouco o facemos nós". Malia a isto, advirte que "nos últimos anos vese unha evolución, e deberíamos abrir un debate sobre como se representa a morte no cinema galego".
Os tópicos
Así, lembra Sica de Carla Subirana no que se narra "a historia de dúas rapazas que perderon os seus pais afogados, e dunha delas vai na procura a conexión co pai nunha furna e fala alí co seu espírito". Ou O corpo aberto de Ángeles Huerta, que mestura unha historia na fronteira na que a protagonista, que fala cos espíritos, ten tamén unha relación amorosa cunha muller. "É unha mestura da sexualidade como mulleres como algo exótico igual que eses corpos abertos, paréceme que cae de máis no tópico aínda que resulta interesante como se achega do xénero fantástico e á convivencia cos espíritos". Nese sentido advirte que "para min un dos problemas mais importantes do cinema galego é caer nos tópicos da representación da morte e mesmo no autoexotismo, que é algo que se dá a miúdo".
O Novo Cinema
Fronte a estes riscos, a produtora reivindica a perspectiva coa que cineastas do Novo Cinema Galego enfrontan este fenómeno sen esquecer no entanto a pegada de filmografías foráneas nestas visións. "É moi interesante o tratamento destes creadores, que conecta moito con outras cinematografías desde unha perspectiva máis autoral". Así, apunta a influencia do cineasta tailandés Apichatpong Weerasethakul, "que mete a morte ou a transmigración das almas en todos os seus filmes, e que é sinalado habitualmente por creadores como Eloy Enciso, que o cita como referente para a súa longametraxe Longa noite, ou Diana Toucedo. Precisamente o filme O auto das ánimas producido por Toucedo e dirixido por Pablo Lago, "ten moi presente a morte a través do testemuño da avoa do director que fala do seu vindeiro falecemento" e mestura documental e ficción co día de defuntos como centro do filme. A citar a directora, Martínez apunta o cuestionamento que fai Toucedo sobre "como filmar a Galicia que non existe, a mítica, e como rexistrar ese mundo fantástico fóra do natural. De forma inconsciente non vemos a morte como un fin senón que existe esa crenza no alén e nas presenzas dos mortos. Entón é moi importante como representar iso". Con outros referentes, a investigadora lembra Eles transportan a morte, de Helena Girón e Samuel M. Delgado, que contrapón a épica dos homes que parten a descubrir América á "parte tráxica na que se ve unha muller que leva no burro a súa irmá que se suicidou pola marcha do namorado e que procura revivila nunha meiga". O dúo de directores, segundo explica Martínez, traballa con referentes como Jules Michelet ou Eleonora Federici sobre a caza de bruxas como base para o inicio do capitalismo.
A morte en Patiño
Canda a todos eles, a produtora reivindica de xeito particular a Lois Patiño, que "probablemente sexa o director que máis recoñece na súa biofilmografía a relación coa morte". Así, unha das súas primeiras obras Lembrando os rostros da morte "é unha especie de vídeo ensaio que mestura imaxes das súas viaxes coa morte dun familiar que agoniza nos últimos días da súa existencia". De xeito similar ao que acontece co filme de Caeiro, este proceso "é algo que case semella prohibido filmar, está no limite ético e moral de onde podemos colocar a cámara". Canda a isto, leva este perspectiva "ao mundo a videoinstalación con A morte traballando, onde aparecen diferentes rostros distorsionados que semellan pantasmas e que desenvolve a partir dunha cita de Cocteau" sobre os espellos e o xeito no que reflicten o paso do tempo no rostro. Do mesmo director, en Lúa vermella (2020) "hai unha representación material da morte dun xeito moi inxenuo ou infantil, a explorar a idea do imaxinario que temos da morte como persoas cubertas por sabas que son pantasmas e están detidas". O filme "fainos asistir ao proceso de loito nunha vila mariñeira logo do falecemento dun dos seus veciños" e "percorre un limbo entre a vida e a morte que lle gusta ao director, canda a figuras como a meiga e a Compaña. Segue aí tamén, como Helena Girón e Samuel Delgado, o traballo do etnógrafo Carmelo Lisón Tolosana", referente sobre estes temas. No seu último filme Samsara "aborda directamente o ciclo budista da reencarnación, que aínda que nos resulta alleo é un fenómeno que tamén ten certa presenza na nosa cultura".
A incomodidade na narrativa
A primeira sesión do encontro do Consello da Cultura rematou cunha análise das mortes incómodas, no caso galego vencelladas ás vítimas do franquismo. Nese ámbito concreto, Dolores Vilavedra centrouse no xeito no que esas mortes incómodas aparecen representadas na narrativa do país. Segundo ela, "A auxe da representación literaria e cinematográfica no estado de todo o que ten a ver con 1936 como pasado incómodo, sobre todo a partir dos 90, preparou a sociedade española para recibir de xeito natural e case sen conflitos todo o que tivo que ver coa aprobación das leis sobre memoria histórica", así como para as exhumacións de vítimas. No entanto, esta investigadora recoñece que "ao pensar neste asunto decateime da relativamente escasa presenza da morte no corpus narrativo ficcional da nosa memoria sobre o 36. Son poucas as novelas nas que é asunto central ou vertebrador da trama". Sobre esta cuestión "comecei a preguntarme se operaba neste contexto un tabú, ou se realmente había máis casos dos que viamos". Á hora de atoparlle sentido a esa ausencia, a Vilavedra apunta que "a explicación máis plausible esa aparente reticencia pode vir de que en Galicia non haxa practicamente novelas que se desenvolvan na fronte de batalla ou nas que esta apareza". Entre estas sinala excepcións como Scórpio, de Carballo Calero, ou a saga de novelas de Xabier Alcalá sobre a comunidade evanxélica na Galicia do século XX.
Autores en guerra
Desde unha perspectiva cronolóxica, "nas novelas escritas por autores que fixeron a guerra, hai unha grande distancia temporal entre os feitos narrados e a escrita, moi superior ao que requiriría a seguridade ou o temor puidese provocar. Os protagonistas son trasuntos dos autores, que en todo momento beirean unha morte que é abordada de xeito filosófico ou existencial". É o caso de Silvio Santiago en O silencio redimido, onde a morte aparece vencellada aos fascistas que tiraban da cadea presos para os fusilar. Na obra "a morte aparece como unha posibilidade real pero nada máis". Tamén en Scorpio, "a morte abórdase de xeito introspectivo nas horas previas a unha acción perigosa na fronte de batalla, a través do falecemento dun compañeiro do protagonista e desde perspectivas técnicas militares". Para ela "hai unha vontade da representación literaria da morte, e un pudor ou unha autocensura ante o obsceno e o escatolóxico que leva a Carballo calero a velala vía introspección ou tecnicismo". Nas dúas obras "esta estratexia de abordaxe está ben pensada desde a perspectiva da eficacia literaria, xa que se presenta a morte desde un punto de vista intelectual ou existencial e logo concrétase nun exemplo concreto nun individuo próximo ao protagonista".
Nenos do tempo da guerra
Unha aproximación diferente percíbese en dous autores da seguinte xeración, que eran nenos no tempo da guerra. Xosé Fernández Ferreiro en Agosto do 36 e Carlos Casares en Os mortos de aquel verán "teñen en común unha evidente capacidade para abordar a materialidade da morte que non atopamos nas anteriores novelas". Na primeira destas o autor "aposta por informar desde comezo de que vai narrar 'un dobre crime' e 'o martirio ao que foi sometida aquela muller desde que a prenderon ata que a fusilaron daquela maneira horrible', de xeito que adianta o final da historia",explica Vilavedra. Ademais, "case desde o comezo repítense unha serie de sinais e augurios da morte típicos. Non hai sorpresas e a morte ten unha presenza invasiva que ocupa todo e se resolve axiña no concreto". Fronte a esta aproximación, na obra de Casares, "a novela constrúese como a instrución dun procedemento xudicial que quere resolver as circunstancias do accidente que acabou coa vida do boticario Modesto Vilariño da Cal. Logo de 130 páxinas de dar voltas a este suceso, a última é dunha crueza dificilmente aturable, semella unha descrición forense do aspecto que presentaba o cadáver, cunha minuciosidade case obscena. A estratexia funciona por contraste neste caso. Ao longo da novela chegas case a esquecer que vai sobre a morte ata que ao final aparece de xeito asoballante", sinala Vilavedra.
Os netos
A avanzar na cronoloxías de obras que tratan a cuestión, sobre O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas, sinala que o o feito de que "Herbal morra de vello e por causa dun infarto ten significado en que tamén Daniel da Barca, o seu antagonista, tamén morre de vello. Neste paralelismo podemos ver un xuízo pendente que finalmente celebra a historia. Se o primeiro elude a xustiza, tamén morre case como un can ás portas dun prostíbulo, mentres Daniel morre na casa, coidado e rodeado do agarimo dos seus". Neste mesmo autor "imos aprezando unha mudanza notable na abordaxe destes asuntos que se fai máis explícita en Os libros arden mal, que non tivo moito éxito e penso que en parte é porque deixa de ser un autor amable que aborda un tema incómodo de xeito dixerible. O mesmo acontece con Suso de Toro".
As mulleres e a morte
A seguir con propostas máis recentes, esta investigadora atopa "unha maior disposición a abordar o tema sen tabús que se percibe especialmente nas narradoras máis novas". Deste xeito, Inma López Silva, en Memoria de cidades sen luz arrinca cun neno de catro anos que amosa agochado baixo a cama o asasinato da súa nai e das súas irmás. "A partir de aí, todo o desenvolvemento do personaxe vai marcada por diferentes mortes, a cal máis impactante". Tamén Rosa Aneiros en Sol de inverno "aposta por un comezo climático, e a partir de aí a vida da protagonista é unha tentativa de fuxir desde cadáver sen o conseguir". Nese sentido "poderiamos falar dunha redescuberta e aproveitamento do potencial emocional e por tanto literario da morte".
A morte épica
O tratamento nas obras máis recentes difire tamén segundo o xénero, cunha maior presenza "na modalidade narrativa que se vencella ao xénero negro, o thriller, o drama ou a novela histórica". Apunta exemplos como Cabalos e lobos de Fran P. Lourenzo, onde "aparecen bombardeos e o exterminio de xudeus durante a II Guerra Mundial. Ao estaren vencelladas a xénero de aventura ou de suspense, tenden a ser mortes truculentas, suicidios e todo tipo de asasinatos orixinais en lugares insólitos, con nazis polo medio". De xeito similar "en O exercito de fume de Manuel Gago aparece a morte militar, con connotacións de aventuras, idealizada epicamente, na que se percibe a influencia do cinema no tratamento da morte nesta xeración". Finaliza a súa análise Vilavedra a abordar novelas de fuxidos como Intramundi ou A vitoria do perdedor de Carlos Reigosa. "Nestas a morte aparece totalmente desmitificada para os personaxes, como un prezo a pagar se queren conseguir algo positivo". Como conclusión sinala que nas nosas letras sobre a guerra e posguerra "hai unha progresiva normalización do tema da norte. Trátase máis, en máis detalle, con máis variedade e mesmo con máis obscenidade. A abordaxe máis frecuente e explícita dáse co vector xeracional, canto máis afastado é ó vínculo co conflito é máis sinxelo inventar mortes. Tamén poderiamos vinculalo coa modalidade narrativa, xa que as menos vencelladas co real ou empírico teñen máis marxe para matar personaxes". En xeral, apunta "a nivel autorial vese que as mulleres ousaron ir moito máis alá" na representación deste acontecemento.