A Biblioteca Municipal de Tui incorpora o fondo Daniel Domínguez

O legado inclúe 2.000 títulos sobre cinema e medio cento de filmes

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Daniel Domínguez Foto: EIS no Facebook

Daniel Domínguez Foto: EIS no Facebook

O Concello de Tui asina na tarde deste 27 de abril o acordo polo que a biblioteca municipal recibirá o fondo bibliográfico e videográfico de Daniel Domínguez, guionista local falecido en 2020. O legado inclúe unha colección de 2.000 títulos especializados en cinema ademais de cincocentos filmes en formato DVD.

Segundo detalla o concello, este legado inclúe "libros de cine, arte e fotografía" do guionista tudense, así como "todas as súas coleccións de revistas de cine, de películas en DVD con máis de 500 títulos, e de carteis de cinema orixinais". Ademais, o acordo comprende tamén "outros obxectos coma a colección de edicións de A illa do tesouro" canda a "libros moi significativos na súa obra coma Moby Dick" canda a biografías de Walter Benjamin ou Fernando Pessoa e "recortes, fotos, debuxos e obxectos de decoración".

Con esta doazón, realizada pola familia de Domínguez "a Biblioteca Municipal de Tui pasa a contar unha das mellores bibliotecas especializadas en cinema de Galicia", segundo sinala o goberno local. O organismo iniciará en breve o labor de catalogación deste legado para pola a disposición do público no menor prazo posible.

Daniel Domínguez desenvolveu unha importante carreira no mundo audiovisual, a sinar guións de traballos como Mareas Vivas, As leis de Celavella, Padre Casares, Miña sogra máis eu, A vida por diante e Branca Madison entre outras. No ano 2002 recibiu o premio Mestre Mateo ao mellor guión por Terras de Miranda e dirixiu ademais as curtametraxes O Segredo e Río de Sombras, rodadas en Tui.

Que che parece esta nova?
103 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Tui, DVD, Guión...

Claves

Lugares