O Concello de Santiago daba a coñecer este 24 de abril o fallo do Premio Exeria de proxectos de creación literaria. José LuÃs Baños de Cos fÃxose co galardón cunha obra que se organiza a partir das fases da edición do Seis poemas galegos de Federico GarcÃa Lorca na Compostela dos anos 30.
O xurado do premio sinalou que esta proposta "destaca, en primeiro lugar, porque a cidade de Santiago é protagonista, ao mesmo nivel de calquera outra personaxe. Recrea ademais un tempo de ilusións e esperanza como o da República, que consideramos pouco tratado na nosa creación literaria".
Ademais considera "especialmente interesante o feito de que o proxecto leva a cabo un recoñecemento e reparación dun elenco longo de personaxes, figuras que foron fundamentais neste perÃodo histórico. Valoramos tamén a súa vocación por ampliar públicos, aspecto este tan necesario para o teatro galego e para a nosa creación literaria en xeral. E o equilibrio que establece entre a proposta textual e a escénica que aseguran a súa viabilidade".
O galardón, que o concello convoca co apoio da Residencia Literaria 1863 e do Consulado Xeral de España en Xerusalén, conta cunha dotación de 3.000 euros e inclúe unha residencia creativa nesta cidade palestina.