A Deputación de Pontevedra convoca un premio para celebrar a traxectoria das escritoras

O prazo para os premios "Hai unha voz" remata o 24 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:

A Deputación de Pontevedra presentou o venres a convocatoria do galardón "Hai unha voz", destinado a "distinguir traxectorias de mulleres no eido da literatura galega durante o ano 2022". A iniciativa, realizada en colaboración coa asociación Clásicas e Modernas, distinguirá entre as escritoras, editoras e profesionais do sector do libro e están dotados con 5.000 euros cada un. As candidaturas poden ser presentadas entre o 25 de abril e o 24 de maio e súmanse a outros premios outorgados pola Deputación como "Mulleres en Foco", destinadas ao audiovisual. As candidaturas poderán formulalas "as integrantes da Comisión de Seguimento do Manifesto de Soutomaior e as entidades locais, culturais ou profesionais de ámbito galego que estean relacionadas co sector literario".

Que che parece esta nova?
93 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Pontevedra, Mulleres, Manifesto, Literatura