O Novo Cinema Galego protagoniza unha sección no Festival de Cinema de Bolzano

A sección Focus Europa do encontro italiano proxectará seis producións do país

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
O Novo Cinema Galego protagoniza unha sección no Festival de Cinema de Bolzano

A 36 edición do Bolzano Film Festival Bozen, que comeza este 19 de abril nesta localidade italiana, prestará unha especial atención ao audiovisual galego. A sección Focus Europa deste prestixioso encontro estará dedicada ao noso cinema, e acollerá a proxección de seis filmes asinados por cineastas do país integrados no movemento coñecido como Novo Cinema Galego.

O que arde, de Oliver Laxe, abrirá esta sección o día 19. Tamén se poderán ver ata o vindeiro 22 de abril Lúa vermella de Lois Patiño, Longa noite de Eloy Enciso, Eles transportan a morte de Helena Girón e Samuel M. Delgado, Trinta lumes, de Diana Toucedo e mais Trote de Xacio Baño.

A sección contará coa presenza de boa parte das persoas responsables destes proxectos a acompañar as producións, así como da produtora Beli Martínez e do programador da Filmoteca de Galicia Jaime Pena. A proposta complétase coa mesa redonda Novo Cinema Galego, máis alá dos clixés: identidade artística e xeográfico-cultural no que participarán estes dous nomes canda a Beatrice Fiorentino e Eloy Enciso.

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Europa, Eloy Enciso, Beli Martínez...