Preséntase A Cuarta Parede, a primeira web en galego de crítica de cinema

Prestará atención ao cinena non comercial

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Chámase A cuarta parede e será unha plataforma dixital de crítica cinematográfica. Dirixida por Eloy Domínguez e Víctor Paz, a publicación dixital non ten periodicidade fixa, “cada seis ou sete semanas” segundo apuntan no propio sitio web. Estará en galego e conta con seis seccións nas que atenderán ao cinema que está “máis aló das da salas comerciais”, con especial atención ao cinema luso, do que aseguran se caracteriza por “unha interesante experimentación formal e narrativa”. Jaime Pena, Alberte Pagán, Ángel Santos e José Manuel Sande son algúns dos colaboradores deste primeiro número.

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Ángel Santos, Alberte Pagán, Eloy Domínguez...