O Festival Creativa arrinca en Vigo con 40 nomes no programa

Integra charlas, exposicións, concertos, obradoiros e presentacións entre o 18 de abril e o 5 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
O Festival Creativa arrinca en Vigo con 40 nomes no programa

Coa apertura da exposición Radio Blitzkrieg do ilustrador Álvaro P-FF bota a andar en Vigo na tarde deste 18 de abril o festival Creativa. A revista Dot e a Galería Maraca coordinan este programa multidisciplinar que reúne unha corentena de nomes de diferentes ámbitos creativos.

Ata o vindeiro 5 de maio a Galería Maraca, o MARCO, o Espazo Rio Lagares, La contenedora e o Ateneo Atlántico acollen as actividades deste encontro, que pretende "achegar a cultura a novos públicos, a expandir os seus límites, tanto espaciais como conceptuais".

No programa intégranse charlas, exposicións e concertos da man de nomes destacados como Carlos Galán, fundador do selo discográfico Subterfuge Records, ilustradores como Aitor Saraiba ou Javirroyo, o director de animación Alberto Vázquez, o artista urbano Basket of Nean, o equipo de deseño As Peaky Branders ou proxectos musicais como Lúa Mosquetera, Juanma Lodo, Røâl ou r.A.r.O.

O cartel inclúe tamén a proxección do documental Bienvenido Mr. Banksy e obradoiros de escrita creativa, serigrafía, colaxe e caligrafía. Todas as actividades do programa son de balde.

Que che parece esta nova?
104 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Galería, Alberto Vázquez, Lúa Mosquetera...