O III Jazz Mariñas arrinca con obradoiros en institutos

Os concellos da comarca acollerán concertos entre os días 4 e 26 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Dez obradoiros para introducir os alunos de diferentes institutos da comarca nas bases do jazz. Esta é a presentación coa que bota a andar esta semana a terceira edición de Jazz Mariñas. Os concertos deste festival inícianse o vindeiro 4 de xuño no centro cultural A Fábrica de Oleiros, co grupo Clunia. A partir de entón, e ata o 26 do mesmo mes, sucederanse concertos cada venres e sábado en locais dos diferentes concellos da comarca, con grupos como Jazzanga, Verónica Ferreiro, Kin García ou Xan Campos Trío.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Oleiros

Claves

Conceptos
Lugares