A IIª Mostra de Jazz Galego Jazz Mariñas aspira a consolidar a súa proposta

O programa inclúe como novidade concertos didácticos para os estudantes de ESO

| Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

Dar apoio ao jazz local e provincial achegando este estilo musical considerado minoritario á poboación. Estas son as sinais de identidade da segunda edición da Mostra de Jazz Galego “Jazz Mariñas”, iniciativa promovida polo Consorcio As Mariñas coa financiación da Deputación da Coruña.
Dirixido polo compositor e produtor musical Nani García, o festival percorrerá as localidades de Oleiros, Sada, Bergondo, Arteixo, Cambre, Carral, Betanzos e Culleredo comezando o venres 5 de xuño para continuar cada fin de semana do mes. Todos os concertos son de balde e no programa figuran nomes como Roberto Somoza, Alberto Conde Trío, Lucía Martínez Cuarteto e Marcelino Galán entre outros. Esta edición do festival ten como novidade os Concertos Didácticos para escolares de ESO, que impartidos por un cuarteto e un orador tratan de achegar ao alumnado a comprensión do jazz coma linguaxe; explicar que ocorre cando se está a interpretar unha peza; dar a coñecer os diferentes estilos e as regras para a interacción dos músicos, entre outros aspectos.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, ESO, Nani García, Identidade...