
A volta de Lamatumbá e Heredeiros da Crus
O festival Trece Roeis que se celebrará entre o 18 e 19 de agosto en Pantón será o escenario escollido para a volta aos escenarios da banda Lamatumbá, unha das formacións máis coñecidas con éxito da primeira década do século que anunciou unha pausa en 2012 tras da que non volveron ter actividade. Os responsables dese himno que é "Licor do negro café" anunciaron recentemente esta volta que polo de agora ten dúas paradas en festivais, a primeira neste Trrece Roeis e a segunda no festival Revenidas de Vilaxoán. No caso do festival arousán, o Revenidas será un ano máis un dos máximos expoñentes entre os festivais de verán dunha parte moi significativa de escena musical galega, neste caso ademais da agardada actuación de Lamatumbá o festival ven de anunciar tamén a que é a primeira data confirmada e, polo de agora a primeira no calendario, de volta aos escenarios dos mÃticos Heredeiros da Crus, tras da súa parada obrigada polos problemas de saúde do seu cantante, Javi Maneiro, xa superados. Revenidas terá lugar entre o 7 o 10 de setembro. Polo seu cartel tamén pasarán DakidarrÃa, celebrando o seu 20 aniversario cun concerto especial e no cartel están, polo agora as Fillas de Cassandra e a Tropa do Carallo, ademais de outras formacións e artistas nacionais como Rodrigo Cuevas, Ana Tijoux, Ska-P, etc.