O 8º Galegote Rock volve a facer de Pontevedra a capital da música en galego

A nova edición contará entre outros con Malandrómeda, Terbutalina, Oh!Ayatollah e Chicharrón

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
O 8º Galegote Rock volve a facer de Pontevedra a capital da música en galego

O vindeiro 25 de abril volverá a Pontevedra o Galegote Rock, a aposta máis forte pola música en galego no país. O festival alcanza este ano a oitava edición e entre o día 25 e o 27 ofrecerá numerosos concertos tanto nas rúas como no interior de locais tendo todos eles como común denominador o uso da lingua galega na música. O Parque das Palmeiras acollerá por vez primeira algúns dos concertos do programa entre os que destacan na cabeza do cartel as actuacións de Malandrómeda, Terbutalina, Oh!Ayatollah e Chicharrón. Actuarán tamén seis bandas do programa Xeración Sónica, compostas por adolescentes de 12 a 16 anos que cantan en galego. O cartels deste 8º Galegote Rock ofrecerá ademais propostas moi variadas en canto a xéneros musicais coa presenza de música rock, rap, electrónica, funk, etc. A sala Karma e El Pequeño seguen a ser locais de referencia neste festival urbano no que tamén haberá concertos en A Taberna do Jazz e O Diaño. O xoves 25 de abril haberá unha obra de teatro musicalizada, Ele e Dylan: As flores solitarias, en A Taberna do Jazz.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Pontevedra, Chicharrón, Terbutalina...