Por volta do ano 570, o arcebispo de Braga, Martiño de Dumio, redactou un breve tratado de moral laica para o rei Miro de Galicia. O rei e máis el tiñan unha vinculación estreita: Martiño foi artÃfice de que o monarca e o grupo suevo se converteran ao catolicismo, dando un paso importante na integración da poboación galaicorromana e os suevos. A Formula da vida honesta é un exemplo desta relación. Martiño de Dumio, inspirado nos textos dos filósofos clásicos, redactou uns consellos que aÃnda teñen unha lectura actual. O libro tivo unha extraordinaria difusión na Europa medieval, onde foi empregado para educar a prÃncipes e mozos aristócratas. Hoxe, co gallo da presentación da tradución ao galego do tratado, o Consello da Cultura Galega organiza a xornada "Martiño de Dumio, o reino suevo e a cultura galega", de libre asistencia e que tamén pode ser seguida por streaming. O obxectivo da xornada é coñecer máis sobre un reino e un ambiente cultural que xoga un papel importante na identidade e na cultura galega.
O tratado gozou dunha enorme difusión na Europa medieval, pois consérvanse 675 copias latinas do texto nas máis prestixiosas bibliotecas de mosteiros, pazos e universidades de todo o continente, como a Biblioteca Nacional de Francia, as bibliotecas das universidades de Oxford e Cambridge, a Biblioteca de Baviera (Múnic), a Biblioteca Vaticana, a Biblioteca Nacional de Austria, o Trinity College de DublÃn, a Universidade de Uppsala ou a Biblioteca da Universidade de Edimburgo. A elas hai que lles sumar traducións a linguas romances como o francés, o italiano ou o castelán nos últimos séculos da Idade Media. A partir do século X, nalgunhas das copias o libro comezou a ser atribuÃdo ao filósofo romano Séneca. Foi o poeta italiano Petrarca o primeiro autor en decatarse de que estaba falsamente atribuÃdo e en recuperar a autorÃa orixinal.
Na edición do CCG, o libro partiu da edición latina da profesora da Universidade Complutense Laura Ranero para ofrecer unha tradución á lingua galega a cargo do filólogo e profesor Xosé A. López Silva. A edición está acompaña de artigos de reputados investigadores. O historiador Anselmo López Carreira traza unha panorámica da Galicia sueva a partir de elementos institucionais, relixiosos e culturais. A tamén historiadora Rebecca A. Devlin, especializada na transición entre a Idade Antiga e a Idade Media, salienta as alianzas de conveniencia entre a poboación galaicorromana (nomeadamente as elites da nobreza e dos bispos) e os estranxeiros suevos. O arqueólogo José Carlos Sánchez Pardo mostra que a Galicia sueva non era unha rexión nin illada nin periférica; fai un repaso polas relacións comerciais, polÃtico-militares, diplomáticas, eclesiásticas, artÃsticas e culturais, e mostra os contactos internacionais por vÃa marÃtima ou terrestre, tanto co mundo atlántico como coas rexións mediterráneas e mais con outras rexións continentais, entre as que salienta a Galia. O latinista J. Eduardo López Pereira traza unha panorámica do esplendor cultural neste perÃodo da historia (Exeria, Orosio, Hidacio), cunha atención especial ao contacto lingüÃstico entre os galaicorromanos, que xa asumiran o latÃn como lingua de comunicación, e os suevos, que, a diferenza doutros pobos xermánicos, chegan sen coñeceren a lingua do Imperio. O libro conta con dúas ilustracións de Celsius Pictor, que representan a través da alegorÃa e o humor, as relacións entre galaicorromanos e suevos.
A xornada que se celebra hoxe á tarde reúne á maior parte dos colaboradores da publicación.