O Ciclo Vangal reúne a seis artistas que experimentan desde o folclore

No programa estarán MounQup, Sheila Patricia, LaMontagne & PicoAmperio, Faia, Fillas de Cassandra e Teresa Ferreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O Ciclo Vangal reúne a seis artistas que experimentan desde o folclore

A Fundación Luis Seoane da Coruña acollerá entre os días 14 e 16 de abril o ciclo Vangal (Vangarda Galega Alternativa) que servirá de punto de encontro de varias propostas musicais que teñen en común a mulleres que na actualidade están a representar unha "repoboación folclórica xerada a través da vangarda alternativa galega". Eses días as actuacións musicais de MounQup, Sheila Patricia, LaMontagne & PicoAmperio, Faia, Fillas de Cassandra e Teresa Ferreiro. Haberá tamén no programa varias charlas das artistas participantes por parte de Faia e MounQup que, baixo o título de "Ta mere la saltimbanque", falarán das súas visións sobre maternidade e creación artística. A programación de Vangal tamén estará acompañada dunha exposición sobre a obra gráfica da ilustradora e debuxante Teresa Ferreiro que tamén fará unha sesión Dj. O ciclo Vangal naceu para dar a coñecer a amplitude creativa destas artistas e as súas diferentes caras. Mulleres de rabiosa xuventude que están subliñando os poderes dunha feminidade políglota; en varios destes casos citados, centrados nunha adopción multidisciplinar dos seus respectivos universos creativos.

Que che parece esta nova?
87 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mounqup, Fillas de Cassandra, Mulleres, Xuventude...