MounQup abre o ciclo Vangal no Museo do Pobo Galego

Laura Lamontagne e Pico Amperio, Faia e Teresa Ferreiro continúan o programa ata o domingo 8 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
MounQup abre o ciclo Vangal no Museo do Pobo Galego

A Igrexa de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela acolle a partir deste 6 de novembro o novo ciclo Vangal. Vangarda Galega Alternativa. A iniciativa, coordinada polo Museo do Pobo Galego en colaboración co colectivo Ruido de Fondo achega catro actuacións de creadoras que traballan a partir da tradición sonora e achegan novas perspectivas a este patrimonio. A ourensá MounQup dará o primeiro dos recitais, precedido cunha charla sobre o seu traballo. No mesmo formato, serán as quendas de Teresa Ferreiro e de Faia o día sete, mentres o día 8 Laura Lamontagne e Pico Amperio fecharán este encontro.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mounqup, Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, San Domingos de Bonaval