
O proxecto do dúo, en activo desde 2019, dá con este primeiro álbum un paso importante para reunir un repertorio con identidade propia, un "imaxinario electrónico" no que reinterpretan as Cantigas de Amigo medievais a través do hip hop, o abstract ambient, o folclore, melodÃas suaves ou atmosferas rascadas. O dúo crea unha conexión entre poesÃa e música, case hipnótica, concibindo as cancións como "textos completos que existen para descifrar" e tamén como "unha resposta á cultura herdada". Lamontagne & PicoAmperio fusionan a vangarda e a tradición atlántica sendo capaces de establecer pontes coas literaturas de antano para traelas de volta ao presente a través de sons futuristas e tecnolóxicos. Entre os seus recoñecementos destacan o Premio MartÃn Códax da Música ao mellor proxecto de "músicas urbanas" e o primeiro posto nas listas demoscópicas 2019 de Mondosonoro. Os primeiros adiantos deste "Algo que sinalar" viñeron na forma dos vÃdeos dos temas "Banharemonos nas Ondas", dirixido pola creadora Alba DomÃnguez, presentado en setembro e o máis recente "Porque no mundo", unha reinterpretación da cantiga de Airas Nunes “Porque no mundo menguou a verdade” con filmación a cargo do equipo Trece Amarillo, responsable dos vÃdeos das Tanxugueiras.