Os XX Premios COAG sinalan o mellor do presente da arquitectura galega

Repartíronse 12 galardóns de entre as 224 candidaturas presentadas

Repartíronse 12 galardóns de entre as 224 candidaturas presentadas
A vixésima edición dos Premios COAG de arquitectura de Galicia resolveuse esta sábado coa entrega dos galardóns aos proxectos seleccionados nas dez categorías, que acabaron repartindo un total de 12 recoñecementos de entre as 224 candidaturas presentadas. Cunha gala celebrada este pasado sábado nas instalacións da fábrica de Sargadelos, en Cervo, o Colexio de Arquitectos de Galicia desvelou os destinatarios destes premios, que foron a traballos realizados en Vigo, Nigrán, Santiago, Ourense, Cambre, Moaña e O Rosal. Cada proxecto premiado pode atoparse na páxina web dos Premios COAG con información pormenorizada e abundante documentación gráfica. Ademais dos galardóns a proxectos tamén se concedeu ex-aequo o premio de Divulgación e Investigación ás obras "Manual De Construcción Para Miniarquitectos", de Nuria Prieto González e "Veredes, Arquitectura y Divulgación. Las Precursoras" de Silvia Blanco Agüeira. O xurado valorou a calidade das propostas, o enorme esforzo e o nivel de reflexión sobre a vivenda e a cidade dos arquitectos de Galicia, así como a ampla participación de colexiados mozos e o gran número de mulleres en solitario que presentaron candidaturas na convocatoria.

No caso do premio a Residencial de nova planta na categoría de Vivenda unifamiliar, o premio foi para a chamada Casa Tomada. A vivenda, situada na rúa do mesmo nome en Vigo foi deseñada por Maria Pilar Gonzalez Ferro e Jordi Castro Andrade.
Casa Tomada
casa Tomada


No caso do galardón a Vivenda Colectiva, dentro do mesmo apartado de Residencial de nova planta, o xurado decidiuse polo conxunto de tres edificios ideados por Manuel Carbajo Capeans e Celso Barrios Ceide na Rúa Manuel Beiras de Santiago de Compostela. Trátase dun conxunto residencial composto por 125 vivendas, garaxes e faiados, que inclúen 22 tipoloxías diferentes de vivenda tanto en una única planta como en formato dúplex. Dispón dun espazo libre de uso público e tres espazos comunitarios cubertos: sala infantil, ximnasio e un salón comedor.
pe de foto

A Biblioteca Municipal de Nigrán acadou o galardón do COAG, dentro do apartado de 'Outros edificios de nova planta'. O edificio, asinado polos arquitectos Lucas Gándara Álvarez e Juan Pons Herrera, propón un volume que completa o conxunto edificado nunha escala similar aos edificios da contorna, á vez que mantendo as aliñacións marcadas, permite conectar visual e peonilmente a rúa co interior da parcela onde hai unha praza axardinada.
pe de foto
Biblioteca Municipal de Nigrán


A rehabilitación do edificio destinado en Ourense para o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional acadou o Premio COAG na categoría de Obras de restauración e rehabilitación. Alexandra Estefania Vazquez Müller, Roi Feijoo Rey e Santiago Garcia Camacho son os colexiados responsables do proxecto que trata de propoñer, baixo criterios de sustentabilidade, "unha resposta á necesaria revitalización e reciclaxe dos nosos edificios obsoletos ou en desuso, sen necesidade de seguir construíndo de novo esquecendo por completo o noso pasado".
Foto Luis Diaz Diaz
Foto Luis Diaz Diaz


Unha ferraxería en Cambre foi o proxecto gañador do Premio de Interiorismo este ano. O traballo do estudio SINALDABA , asinado por Ignacio Vicente Reigada Cordido e Susana Vázquez Pérez. O espazo deseñouse na procura da identidade tradicional dun taller-obradoiro, a orde e a colocación das súas ferramentas sobre una base furada a modo de expositor.
Foto Luis Diaz Diaz
Foto Luis Diaz Diaz


O deseño e montaxe da Exposición "Paisaxes incultas. A metamorfose do monte galego" nas Torres Hejduk da Cidade da Cultura de Galicia, foi o traballo merecedor do Premio Arquitecturas efémeras e Deseño, que leva por esta obra a arquitecta Cristina García Fontán que fixo esta intervención nas Torres Hejduk do 26 de xuño ó 25 de outubro do 2020, onde se fai unha reflexión sobre a importancia do monte galego.
pe de foto

O proxecto da primeira rúa peonil intermunicipal construída no continuo urbanizado das Rías Baixas, "Rúa Azul", a rúa peonil e ciclable de 5 quilómetros de conexión interurbana entre os Concellos de Moaña e Cangas, foi o gañador na categoría de Planeamento urbanístico. Diego Germade Castelo e Martín Barreiro Cruz asinan neste caso a intervención que presenta como "un prototipo, unha mostra de que non é imposible dotar de estrutura a nosa morfoloxía informal por antonomasia: o rururbano".
pe de foto

Dous traballos comparte o Premio COAG de Deseño de espazos urbanos, xardinaría e paisaxismo. Un deles é o da rampa de entrada do Camiño de Santiago (Francés) na cidade desde o Monte do Gozo, obra de Juan Jose Creus Andrade e Covadonga Carrasco López.
pe de foto

O outro traballo premiado na mesma categoría é esta intervención de acondicionamento dos espazos públicos da Explanada do Horizonte, en Portecelo no Rosal. Obra de María Fandiño Iglesias
pe de foto

No que ten que ver cos proxectos construtivos o galardón ao Mellor Proxecto de Fin de carreira foi para Alejandro Vázquez Correa, pola súa proposta FABER | LUDENS. Vector lúdico-loxístico no borde litoral. Con ela fai un experimento urbano de convivencia coas expansións loxísticas futuras nas cidades portuarias.
pe de foto