Co lema "Ecopoesía contra o cambio climático" o festival Alguén quer respira! inicia este 18 de marzo a súa sexta xeira en Santiago de Compostela. O encontro literario que organiza o Concello de Santiago co apoio da Xunta de Galicia desenvólvese ata o vindeiro 21 de marzo, Día da Poesía, no Teatro Principal da capital galega.
Un faladoiro sobre ecopoesía a cargo de Rosa Berbel e de María Xosé Nogueira abre este programa. O día 18 un recital reunirá o coñecido Jorge Riechmann con Rosa Berbel, María Grandío e o músico vasco Amorante. O día 19 estarán no escenario Keith Payne, Carlos Solla e andaluz Antonio Orihuela acompañados polo dúo de música electrónica Jansky. Para o vinte o vasco Joseba Sarrionandia protagonizará a xornada a recitar os seus poemas acompañado do seu tradutor ao galego, Isaac Xubín e mais o cantauor Ruper Ordorika. Estarán acompañados polo dúo Versofonía, que interpretará poemas de Lady Alpaca.
O propio Día da Poesía, a xornada comezará coa lectura do manifesto redactado por Claudio Rodríguez Fer. Pola tarde, un recital reunirá 18 poetas galegos con nomes como Helena Villar, Manuel Rivas, Arancha Nogueira, Xavier Rodríguez Baixeras ou Tamara Andrés. Un concerto do dúo Clo Plas fechará o programa.
Pola súa banda a Real Academia Galega anunciou que conmemorará efeméride cunha homenaxe a Darío Xohán Cabana o día 23 de marzo. A Fundación Luís Seoane acollerá nesa data un acto no que Víctor F. Freixanes, Marilar Aleixandre e Margarita Ledo realizarán cadansúa loanza do autor. A seguir Chus Pato e Marilar Aleixandre recitarán poemas do escritor xunto a Pepe Barro, Marica Campo, Xoán Ramiro Cuba, Xosé María Álvarez Cáccamo, Anxo Angueira, María Alonso Seisdedos e mais Alexandra Cabana Outeiro, filla do homenaxeado. Lois Pérez correrá coa ambientación musical nun evento coordinado por Ana Romaní.
O público asistente recibirá o volume Darío Xohán Cabana, estirpe de labradores, que recolle poemas escolmados e textos sobre Darío Xohán Cabana e a súa obra escritos para a ocasión polas persoas que tomarán a palabra. A celebración conta co apoio da Deputación da Coruña.
Pola súa banda, o Foro Espiral Maior en Carballo, anunciou tamén para o 21 de ano un recital poético-musical. Raúl Herrera, Ainhoa Conde, Ronsel Pan, Juan Couto, Natalia Lema e Diego Cousillas amosarán os seus versos, mentres o grupo Chicharrón correrá coa ambientación musical.