Luís Davila é recoñecido co Premio Trasalba 2023

A Fundación Otero Pedrayo outorgoulle ao debuxante o seu máximo galardón

13/3/2023 | Santiago. Redacción | Seccións: banda deseñadalingua
78 lecturas | Compartido 0 veces

Luís Davila. Fotografía de HombreDHojalata. Fonte: Galipedia

A súa "implicación na defensa da nosa lingua e a proximidade social das mensaxes que formula en defensa do galego" valéronlle ao debuxante e humorista gráfico Luís Davila facerse do Premio Trasalba 2023. A Fundación Otero Pedrayo seleccionou o debuxante e autor do Morrazo para o seu galardón honorífico deste ano a destacar "o mérito dun artista chamado a converterse nun referente na reivindicación sociolingüística, pola súa constante manifestación de afecto á nosa lingua e a nosa cultura".
A acta do xurado salienta ademais "a calidade do humor gráfico e a popularidade das viñetas" da serie O Bichero, que o autor publica no Faro de Vigo e que "transmiten un compromiso e unha modernidade que sería moi do gusto de don Ramón". A sede da Fundación en Amoeiro acollerá o vindeiro 25 de xuño o acto de entrega do galardón.

Universo culturagalega.gal

23/06/2023

O fenómeno Luís Davila

O premio Trasalba recoñece a traxectoria dun humorista gráfico que se constituíu como un referente xeracional