Chega aos cines o documental de Xavier Villaverde sobre María Casares

Catro salas galegas acollerán pases de "María Casares: a muller que viviu mil vidas"

| Santiago. Redacción | Seccións: AudiovisualTeatro
Compartir:
Chega aos cines o documental de Xavier Villaverde sobre María Casares

O documental "María Casares: a muller que viviu mil vidas" dirixido polo cineasta Xavier Villaverde e producido por Agallas Films chega hoxe ás salas de cine comercial. O filme estreouse na Seminci de Valladolid e propón un achegamento á vida e obra da actriz María Casares, unha muller nacida na Coruña e cuxa vida quedou marcada pola guerra civil e o exilio a Francia e na que que se cruzan figuras culturais de primeiro orde. A película de 1 hora e 42 minutos de duración conta coas intervencións —entre outros— de María Lopo, Emilio Grandío, Manuel Rivas, Mabel Rivera, Johanna Silberstein, Jorge Lavelli, Marion Chénetier-Alev e Manolo Lourenzo. En Galicia poderá verse en Santiago nos cines NUMAX e Multicines Compostela; en Ferrol no DUPLEX en Vigo nos Multicines Norte.

Que che parece esta nova?
103 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, María Casares, Xavier Villaverde, Documental...