O vindeiro 29 de marzo bota a andar a décima edición do Carballo Interplay. O festival de contidos dixitais de Carballo quere celebrar o aniversario a homenaxear unha década de talento galego. Deste xeito, contidos elaborados no paÃs en campos como redes sociais, audiovisual ou podcast protagonizarán as dúas primeiras xornadas do encontro.
Unha das novidades que se estrean nesta xeira é o talk show Dando a turra, de Belén Puime e UxÃa Vázquez, orientado a entrevistas personalidades da mocidade galega sobre o seu futuro. Tamén se poderá ver por vez primeira Mentres non chova, obra creada por Carla Mojón, Xiana Rei Martiz e Luiza Velizarova que venceu no certame do pasado ano.
Tamén estas primeiras xornadas poderá verse o repaso á historia da internet galega de MarÃa Yañez con O outro lado da pantalla, o pitching de iniciativas que optarán ao premio ao Mellor proxecto de serie web, e a gravación ao vivo do podcast Petiscos no Derby, que contará con Totakeki, Meryfos, Sara Seco, Carla Núñez e Marcos López como convidados.
Na xornada inaugural proxectaranse as propostas recibidas e realizarase a entrega de premios do novo certame Dinosaurio Escolas. Esta iniciativa "ten como obxectivo a incentivación da creación de contidos audiovisuais orixinais en lingua galega mediante a creación de capÃtulos da serie Dinosaurio.