Despois de publicar varios sinxelos durante os últimos meses, Sabela ven de lanzar o seu novo disco, "Ceniza", que presentará en concerto o vindeiro xoves, 9 de marzo, na Sala Capitol de Santiago. Despois de reafirmar o seu camiño como artista independente, a artista que foi finalista en Operación Triunfo 2018, e gañou o premio aR[it]mar 2019 á mellor canción en galego, reabre o seu mundo musical a través deste disco tan persoal, un traballo feito a lume lento e co selo propio da artista como coprodutora musical do disco. Nel, Sabela explora a perda, a morte e a vida, a nostalxia e a esperanza. En palabras da artista: "QuerÃa facer este disco porque mo debÃa a min mesma, a meu pai, á vida, e á perda, protagonista de toda esta última etapa. Se hai algunha mensaxe clara dentro do disco é que, a pesar das perdas, dos desencontros co mundo e con nós mesmos, a vida sempre renace. E faino, non só naturalmente, senón cando se toma a decisión de facelo. Non hai nada máis importante que poder decidir vivir". No son de "Ceniza" Sabela recolle os froitos da exploración coa fusión de electrónica e pop, chegando a tocar a fusión de jazz e hip hop, xunto a Mateo Bruquetas, Diogo Piçarra ou Luis del Toro, entre outros.