Xoel López presenta disco en directo do concerto ' X Aniversario Atlántico'

O artista coruñés recolle neste traballo o concerto conmemorativo celebrado na súa cidade

1/8/2023 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

O concerto na Coruña co que Xoel López celebrou o pasado ano o décimo aniversario do seu primeiro disco en solitario Atlántico( 2012) ven de converterse nun novo disco na súa carreira. O artista presenta estes días ' X Aniversario Atlántico' (Esmerarte) en todas as plataformas, un disco directo que recolle os temas interpretados naquel concerto de conmemoración. O lanzamento sae acompañado do vídeo correspondente á canción 'Hombre de ninguna parte' coa que abre o disco no que ofrece ata 12 temas. Xoel é tamén noticia porque ven de presentar fai unhas semana a canión "Fort Da", primeiro adianto do seu vindeiro disco de estudio 'Caldo Espírito' que se estreará o vindeiro outono.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Atlántico, Xoel López, Esmerarte, A Coruña...

Claves

Protagonistas
Entidades