Xoel López presenta Atlántico

O coruñés deixa atrás con este disco a súa etapa como Deluxe

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Fotografía: Lola García Garrido. Promoción Xoel López

Fotografía: Lola García Garrido. Promoción Xoel López

Co seu propio nome, sen o alias de Deluxe, Xoel López asina Atlántico, un disco que achega 12 temas nos que se detecta a influencia que os ritmos suramericanos deixaron no músico. Máis percusión e letras máis calmadas marcan a evolución estilística do coruñés. O disco está a venda desde o pasado 17 de abril e pode escoitarse de xeito íntegro no web do artista e mediante o web Grooveshark. Editado por Esmerarte, gravouse entre Bos Aires e A Coruña O propio Xoel e mais Juan de Dios correron coa produción.

A xira de presentación desde proxecto comeza hoxe mesmo en Zaragoza e chegará a Galicia o vindeiro 12 de maio cun concerto en Compostela. Dentro das actividades de promoción da obra está a iniciativa Escuchando Atlántico, unha serie de vídeos nos que se pode ver a artistas ou actores como Lourdes Hernández, Joaquín Reyes ou Dani Mateo, entre outros a escoitar a obra.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xoel López, Atlántico, Deluxe, Juan de Dios...