Xoel López retorna con Paramales

O eclecticismo predomina nos temas do novo álbum do antigo Deluxe

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Xoel López retorna con Paramales

Unha colección de trece cancións con diferentes temas e influencias compoñen Paramales, o novo disco de Xoel López. O músico coruñés achega desde sons acústiscos con acompañamento de acordeóns ata pop con tintes electrónicos, a pasar por toques brasileiros e inclúe un tema en galego, A serea e o mariñeiro. O proxecto, que saíu á luz onte da man de Esmerarte Servizos Artísticos está xa dispoñible en formato físico e en plataforma dixitais. Pamplona acolle esta noite o comezo da xira de presentación, que continuará en vindeiras datas por Madrid (4 de xuño), o Festival Contempopránea de Badajoz (5 e 6) ou Valladolid (17 de xuño). A primeira visita a Galicia está prevista para o 18 de xullo no marco do Festival PortAmérica Rias Baixas.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xoel López, Pop, Deluxe, Esmerarte...