Co definitorio nome de "Cómicas, habelas hainas!" para aclarar calquera dúbida ou debate, comeza este sábado, 4 de marzo, o ciclo co que a Deputación de Pontevedra vai impulsar e reivindicar a comedia en vivo feita por mulleres que levará a todas as comarcas da provincia. Desde este sábado, que arrancará en Moraña, coa actuación que se desenvolverá no Edificio Multiusos (Carballeira de Santa LucÃa) e ata ao 12 de maio haberá dez actuacións pensadas para público adulto noutros tantos concellos neste programa coordinado pola actriz e cómica JazmÃn AbuÃn, que tamén será protagonista dos espectáculos xunto ás galegas Bárbara GrandÃo, Arantxa Treus e Marta Doviro e as convidadas Bianca Kovacs e Coria Castillo.
As actuacións chegarán a espazos culturais de Moraña, Tui, Silleda, Forcarei, Vigo, Ponteareas, Cangas, A Cañiza, Pontevedra e O Grove. Os espectáculos terán algo máis dunha hora de duración, estarán conducidos en todos os casos pola presentadora Bárbara GrandÃo (que tamén intercalará os seus monólogos) e contarán coa participación doutras tres cómicas que falarán das súas experiencias. O ciclo e continuará en Tui o 16 marzo no Teatro Municipal. O ciclo chegará a Silleda o 17 de marzo, co espectáculo no Auditorio Manuel Dopazo (A Bandeira) e ao Auditorio de Soutelo de Montes de Forcarei o 15 de abril. En Vigo terá lugar o 20 abril no Auditorio Municipal e en Ponteareas, o 23 de abril na Sala Multiusos do Auditorio municipal. Nese mes, o dÃa 29 as cómicas actuarán no Auditorio Xosé Manuel Pazos Varela de Cangas. Xa en maio, haberá espectáculos na Cañiza (dÃa 6 no Auditorio da Casa de Cultura) e en Pontevedra (o 11 maio no Teatro Principal), para finalizar no Grove (o 12 maio no Auditorio).