Vilagarcía, Silleda, Moaña, Gondomar, Tomiño e O Grove acollerán entre os vindeiros meses de marzo e de xuño as actuacións do ciclo Barracas. Esta nova proposta escénica da Deputación de Pontevedra achegará a estes concellos montaxes sobre a memoria histórica e a reivindicar o papel de mulleres destacadas coma María Barbeito e Emilia Docet.
Entre as novidades escénicas, o programa inclúe dous pases da montaxe As alumnas da compañía Culturactiva. A obra, que ten a súa estrea prevista para o vindeiro 3 de marzo no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, repasa as memorias de dúas antigas alumnas da pedagoga María Barbeito e reivindica a importancia da súa figura. Anabell Gago e Mónica Camaño, levan a escena este texto de Paula Carballeira baixo a dirección de Fina Calleja. No marco de Barracas poderá verse o 4 de marzo en Vilagarcía de Arousa e no Concello de Moaña o día 18.
Inversa Teatro achega a este programa a súa obra O péndulo, que tamén chegará ás táboas por vez primeira este 4 de marzo en Vigo. Esta coprodución do CDG, a MIT Ribadavia e a Area da Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra, narra os comezos da sublevación militar de 1936 en Galicia a partir da historia real de Tirso Gómez Freijido. A súa bisneta Marta Pérez escribiu o texto canda a Ernesto Is. Carlos Álvarez-Ossorio dirixe a Rosa Puga Davila, Nerea Brey e a propia Marta Pérez nesta peza que se poderá ver o 11 de marzo en Silleda o día 26 en Gondomar.
Compañía Eléctrica, pola súa banda, estrea no marco deste proxecto Miss Docet, obra que se poderá ver en Tomiño o 28 de maio e no Grove o 4 de xuño. Iria Pinheiro encarna sobre as táboas a Emilia Docet Ríos, coñecida como a Miss España Galeguista, nun texto de María Reimóndez dirixido por Vanesa Sotelo.
O nome do proxecto xorde como homenaxe á compañía coa que Federico García Lorca participaba das Misións Pedagóxicas durante a Segunda República. Segundo explica a Deputación, a intención desta proposta é "garantir que as compañías do país conten con respaldo económico que as anime a proxectar textos referentes á memoria" e mais "espallar entre a cidadanía a memoria con perspectiva de país, xénero e clase".