Teatro Ensalle estrea Sin la soga al cuello de Gonzalo Cunill

A obra do creador de orixe arxentina pode verse ata o vindeiro domingo 26

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Teatro Ensalle estrea Sin la soga al cuello de Gonzalo Cunill

A compañía viguesa Teatro Ensalle, residente na sala homónima, estrea este 24 de febreiro Sin la soga al cuello. Esta obra leva a escena un texto que o autor de orixe arxentina iniciou en 2020 a xeito de diario mediante "un discurso a tres voces, interno e profundo mais non exento de humor, así como unha sucesión de accións próximas á performance".

O propio Cunill dirixe a proposta con Pedro Fresneda, e participa na posta en escena xunto a Raquel Hernández e Artús Rei. A obra poderá verse ata o vindeiro domingo 26 de febreiro na sala viguesa.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Teatro Ensalle, Arxentina, Humor

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares