Dolores Torrano leva o XXX Premio Torrente Ballester en español

A autora murciana residente en Laxe obtén 25.000 do galardón

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Deputación da Coruña acaba de dar a coñecer o fallo do Premio Torrente Ballester en español na súa trixésima edición. A autora Dolores Torrano, nada en Murcia pero residente en Laxe e profesora en Baio foi a galardoada cos 25.000 euros en metálico e a publicación da obra neste certame que convoca a Deputación da Coruña. A súa obra La argentina que Dios quiere foi calificada polo xurado como "extraordinaria", "un sopro de aire fresco" e "brillante, de ambición literaria e extraordinaria orixinalidade". A novela narra "a historia dunha viaxe que parte do interior profundo das personaxes até o interior profundo da Arxentina, construíndo un retrato da Arxentina do século XXI que fai eco na España dos anos da crise", segundo informa a Deputación.

Manuel Jabois , Isaac Rosa, Luis Sepúlveda, Ana Lena Rivera e Fatima Martin. Coa vicepresidenta e deputada de Cultura da Deputación Provincial da Coruña, Goretti Sanmartín Rei como presidenta e a xefa de Cultura Mercedes Fernández Albalat como secretaria foron os encargados da selección entre as case 400 obras que se presentaron ao certame.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Murcia, Deputación da Coruña, Arxentina, Manuel Jabois...