A xornada sobre onomástica celebrada en outubro en Pontevedra pola Real Academia Galega na que se afondaba no tratamento dos nomes e o xeito en como se escollen para os protagonistas de novelas ou por que se usan determinados topónimos na poesÃa achegou numerosas contribucións de estudo por parte de especialistas con olladas dende a literatura medieval á moderna. Agora todas esas achegas daquela VII Xornada de Onomástica Galega xa poden lerse nunha das últimas publicacións da RAG, "Estudos de Onomástica Galega VII. A onomástica literaria".
A publicación amosa como se abordou naquel encontro dende a relación dos nomes de lugar coa ecopoesÃa e o repertorio de nomes de pÃa galegos de base literaria ata a onomástica na obra de RosalÃa. Todos estes traballos poden lerse xunto á transcrición da conversa sobre a elección dos nomes dos personaxes na narrativa galega actual protagonizada por Berta Dávila, Marcos Calveiro e Fina Casalderrey, que explicaron a súa experiencia como novelistas. "Estudo de Onomástica Galega VII. A onomástica literaria" sae do prelo co apoio da Deputación de Pontevedra, que colabora coa Academia dende o ano 2016 na organización destas xornadas e acolle os encontros no Museo de Pontevedra.
De RosalÃa ás lendas de Troia ou Bretaña
Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo e presidente da Fundación RosalÃa, detense na súa contribución no propio nome da autora e pescuda as escollas dos elixidos para os personaxes rosalianos. Alén da súa significación poética, estas eleccións están influÃdas polas lecturas de autores como Victor Hugo, Jules Verne ou Edgar Allan Poe e mais polas circunstancias biográficas da autora, indica o investigador. MarÃa Xesús Nogueira, profesora da Universidade de Santiago de Compostela, fala noutro artigo sobre os nomes feridos dende a perspectiva da ecopoesÃa, un subxénero recoñecido nos últimos tempos que pon o acento no ecolóxico. Helena de Carlos, profesora da mesma institución, mostra como se quixo vincular con Galicia personaxes mitolóxicos errantes que partiron de Troia, como Teucro, considerado fundador da estirpe dos Gallaeci, ou o presunto parentesco de Lisboa (Ulissipo) con Ulises e de Achelas (mosteiro lisboeta) con Aquiles.
As lendas da historia de Troia tamén deixaron pegada na escolla dos nomes propios dende a Idade Media, pero sobre todo no s. XVI, cando se estendeu máis entre os fidalgos galegos o costume de lles poñer aos fillos e fillas nomes de personaxes literarios, inspirándose tamén nas lendas do ciclo de Bretaña, de onde saen nomes como Brianda, Briolanxa, Grimanesa, Guiomar ou Iseu, explica pola súa banda o académico correspondente e profesor da Universidade de Vigo Antón Palacio. Bieito Arias Freixedo céntrase tamén na literatura da Idade Media estudando a onomástica nos paratextos e a funcionalidade dos alcumes, entre outras cuestións, e Marga do Val, do IES RosalÃa de Castro de Santiago de Compostela, expón propostas didácticas baseadas na onomástica propia do alumnado.