Pontevedra comeza a preparar as actividades con que conmemorará durante o 2004 o Ano da Música

2004 de música

O aniversario da gravación do primeiro disco en Galicia é a escusa coa que o Concello de Pontevedra quere celebrar durante o 2004 o Ano da Música. Onte celebrouse a primeira xuntanza entre o concelleiro de Cultura e representantes de diferentes corais, bandas de música, grupos folk ou a Sociedade Filharmónica entre outros. Entre as primeiras ideas que xurdiron para a conmemoración está a recuperación de publicacións sobre Perfecto Feijoo e Manuel Quiroga, ademais de concertos, exposicións e actividades formativa neste eido. Desde o concello tamén amosan o seu interese en editar CDs do propio Quiroga ou do Coro Aires da Terra, os primeiros intérpretes que gravaron un disco no país.

Máis información na edición de hoxe de Diario de Pontevedra