Pontevedra volve a encher as prazas de música no ciclo Paseantes

Catorce artistas ou bandas darán concertos esta fin de semana na cidade vella

27/7/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

A segunda edición do ciclo Paseantes levará a música durante dous días a diferentes emprazamentos de Pontevedra. Ata catorce propostas musicais diferentes poderán atopar os viandantes que o venres 29 e sábado 30 camiñen pola cidade. O abano musical tamén será enorme, desde o folk ao rock, pasando polo jazz, a música clásica e o pop. Todos os grupos e artistas son galegos e na lista hai nomes como Breakin’ Bones, Lulavai, Alberto Vilas Quartet ou Silvia Penide entre outros. O concelleiro de Xuventude de Pontevedra, Demetrio Gómez, presentou o programa acompañado por representantes da consultora Xeneme e de Nova xestión Cultural, encargados da organización e programación do evento.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Silvia Penide, Xuventude, Pop...

Claves

Protagonistas
Lugares