Pontevedra homenaxea o seu músico máis ilustre

Corenta anos sen Manuel Quiroga

19/4/2001 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Xa van aló corenta anos da morte de Manuel Quiroga, un dos violinistas máis destacados de todos os tempos no Estado Español. Hoxe homenaxease a súa figura dentro do curso de música de cámara que se está a celebrar na cidade do Lérez. A música clásica tamén estará presente en Pontevedra esta noite co concerto que realiza a Philarmonie der Nationen no Pazo da Cultura de Pontevedra.

O curso do violinista

Este semana estase celebrando en Pontevedra o IV Curso Internacional Manuel Quiroga de Música de Cámara que organiza anualmente a fundación Rutas do Románico. Dentro das actuacións previstas no mesmo esta tarde realizarase unha homenaxe ó músico que lle dá nome. O sábado continuará o ciclo de concertos coa actuación de Luis Álvarez e Georgui Fedorenko, que interpretarán pezas de Rachamaninov, Shumann, Chaikovsky e Falla entre outros. Este dúo xa ofreceu onte un recital acompañado do clarinete de Modesto Escribano interpretando a Bach, Rousseau e Rameau entre outros. A entrada ós concertos é libre.

Historia do violín

Manuel Quiroga naceu en 1892 e introduciuse na música desde neno, estudiando nos conservatorios de Madrid e de París, onde tocou con figuras da talla de Sarasate e Manén. En 1914 visitou por primeira vez Nova York, dentro das numerosas xiras internacionais que realizou con grande éxito. A súa carreira rematou en 1934 a consecuencia dun accidente de circulación de o deixou eivado.


Filharmonía das Nacións

Logo de visitar Ourense e Vigo chega esta noite ó Pazo da Cultura de Pontevedra a Philarmonie der Nationen coa súa xira "Unimos o mundo", parocinada pola compañía Würth e Caixanova. A orquestra, nacida en 1995, está formada por setenta músicos novos de máis de corenta países diferentes, e ten realizado máis de cincocentos concertos por todo o mundo. O concerto comezará ás nove e media da noite.

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

08/11/2011

Afinando o arco

Dous concertos recuperan a figura de Quiroga cando se cumpren 50 anos do seu pasamento

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Manuel Quiroga, Pazo da Cultura de Pontevedra, Morte...