O Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra acollía este venres 10 de febreiro a presentación da banda deseñada As 9 cruces. Esta obra, con guión de Fernando Llor e debuxos do alumnado da escola de BD O Garaxe Hermético ve a luz en versión impresa logo de ser publicada no web da institución en formato dixital.
O volume, de 80 páxinas a incluír o limiar, supón a segunda entrega da colección de banda deseñada que mantén o Departamento de Memoria Histórica, e narra "a historia do acontecido o 15 de outubro do 36 cando un cabo da Garda Civil e un grupo de falanxistas fusilaron a sete mariñeiros, un labrego e un ferreiro, grandes defensores da República e agora símbolos da resistencia, nun dos lugares máis fermosos da costa galega, a curva de Baredo, coñecida dende entón como a Volta dos Nove".
Fonso Barreiro, Zaida Novoa, Pablo Prado, Damián Gómez Figueiras, Andrés Chinchilla, Antonio Recuna, Miguel Rojo, Mara Méndez, Daniel Corrada, Jorge Fernández, Álex Rozazos e Miriam Iglesias corren cos debuxos desta obra, coordinada por Kiko da Silva.
As nove cruces fora publicada por entregas no web do departamento de Memoria Histórica da Deputación desde o pasado mes de outubro, onde conseguiu máis de 30.000 visualizacións. A versión impresa da obra distribuirase en institutos de educación secundaria da provincia e mais en bibliotecas e puntos de lectura municipais, e poderá solicitarse tamén nas instalacións do departamento de Memoria Histórica da Deputación.
De xeito paralelo, este xoves 16 o bar Senín, na coruñesa Rúa de Orzán acolle a presentación de Operación Breogán, primeira BD protagonizadar por Nabiza Girl. Carlos Amil escribe e Manel Cráneo debuxa esta adaptación ao cómica do personaxe creado por Isabel Risco para o teatro e que xa tivo tamén unha versión audiovisual.
A obra, de doce páxinas a cor, presenta unha historia de inequívoco sabor coruñés, coa aparición de escenarios e de personaxes da cidade como Serafín Mourelle ou Xosé Iglesias que acompañan as humorísticas aventuras desta superheroína. A obra, cunha tiraxe de 200 exemplares, distribuirase de balde en centros de ensino e culturais da cidade.