BD Banda presenta dúas exposicións didácticas

Céntranse na linguaxe da novena arte e nas Cantigas de Santa María como banda deseñada

27/11/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
54 lecturas | Compartido 0 veces

Imaxe de As Cantigas de Santa María. Arte BDieval

A escola de banda deseñada O Garaxe Hermético acollía onte en Pontevedra a presentación de dúas iniciativas didácticas que BD Banda propón para os centros de ensino galegos. A primeira delas, As bases das banda é a reedición dunha exposición que xa lanzara este colectivo hai anos e que desta volta lánzase de xeito conxunto co Garaxe Hermético, que a integra nas súas actividades formativas para centros de ensino. A segunda mostra, As Cantigas de Santa María. Arte BDieval, amosa como esta obra da literatura galego-portuguesa debe considerase como unha auténtica narración gráfica.
A exposición sobre as Cantigas está editada, en portugués, sae en colaboración coa Associaçom Galega da Língua, que se encargará da súa distribución. A mostra poderá verse íntegra no vindeiro Culturgal e, posteriormente e nunha versión reducida en O Garaxe Hermético. As dúas exposicións ofértanse en alugueiro acompañadas de cadansúa guia didáctica na que se completan os contidos achegados e propóñense actividades para os centros de ensino.

Universo culturagalega.gal