Un Murguía retratado desde a proximidade do salón

Recuperan unha biografía inédita de Manuel Murguía redactada en 1953 por Lois Carré

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Obdulia e Purificación Helena Carré pasaron a máquina os orixinais da primeira parte dunha biografía moi singular: a escrita polo seu pai, Lois Carré, de quen fora o seu mentor Manuel Murguía. O historiador e primeiro presidente da Real Academia Galega pasaba con frecuencia pola casa coruñésa dos Carré. Uxío Carré, pai de Lois, era propietario da libraría na que se celebraba a famosa tertulia A Cova Céltica. Iso propiciou que Lois Carré escribira a biografía a partir dunha visión de primeira man de quen foi unha das figuras claves do Rexurxdimento. A biografía está incompleta. O mecanoscrito abrangue desde o nacemento de Murguía en 1833 ata 1882, ao final da súa etapa en Madrid. O libro está interrompido por mor do falecemento de Lois Carré. A edición do libro estará a cargo de Esther García de Lucas e a profesora da UDC Olivia Rodríguez e será editada por Alvarellos.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Murguía, Uxío Carré, Real Academia Galega, Madrid

Claves

Lugares